Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de decembro de 2012, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación da regularización, mediante concesión administrativa, solicitada por Ana, C.B. pola ocupación dun almacén no porto de Muxía (expediente 12-31-11-C-2).

Estase a tramitar unha regularización, mediante concesión administrativa a favor de Ana, C.B., da ocupación dun almacén para gardar aparellos no porto de Muxía, segundo a memoria descritiva asinada polo arquitecto técnico José Antonio González del Oso (colexiado nº 1534) o 26 de novembro de 2010.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: www.portosdegalicia.com

A Coruña, 14 de decembro de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro