Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: concello de Ares.
Domicilio social: praza do Concello, 15000 Ares.
Denominación: CS e CT soterrado 400 kVA para bombeo en Ares.
Situación: avda. de Redes, s/n, Ares.
Características técnicas: CS e CT soterrado en caseta prefabricada de formigón, alimentación en anel trafo de 400 kVA, 15-20/0,42 kV, en aceite. Aparellaxe de protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
A Coruña, 19 de febreiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña