Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica modificación número 1 LMT derivada Valmigallo-Troifil e o anexo 1 nos concellos de Paradela e O Saviñao (expediente 022/2008 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: modificación número 1 LMT derivada Valmigallo-Troifil.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 2.965 m, con orixe no apoio de formigón existente da LMT CHA813050, número 0 no proxecto, en condutor LA 56 e remate no apoio proxectado número 20, sobre apoios de formigón (16) e metálicos (6).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO 1
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Paradela

Ref. catastral

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

m2

ml aér.

m2 aér.

2

24

633

San Roque

Monte baixo

Dolores López Vázquez

Valmigallo, 27611 Paradela, Lugo

1, 2, 3

13.0

292.0

2949.0

8

24

543

Riba de Fernanvello

Monte alto

Dolores López Vázquez

Valmigallo, 27611 Paradela, Lugo

(1/2) 6

1.0

10.0

187.0

Concello: O Saviñao

Ref. catastral

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

m2

ml aér.

m2 aér.

1

4

101, 222, 225

Tras San Antonio

Prado/Monte alto

MVMC de Reiriz

Repr.: Pedro López Fernández

Alperiz, s/n, Reiriz, 27544 O Saviñao, Lugo

7 A, 8, 9,

9 A, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18 E (1/2) 19

27.0

1658.0/153.0

16591.0/ 2450.0

5

61, 55,

62, 38,

44, 70

6

1, 58