Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de febreiro de 2013 pola que se acorda a adxudicación polo procedemento de alleamento mediante poxa pública de quince inmobles no concello de Oia.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 14 de decembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados no concello de Oia, parroquia de Loureza.

Logo de publicarse o 15 de xaneiro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 10, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o anuncio do 20 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, celebrouse o día 8 de febreiro de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións

1. A Isabel Pereira Pereira, polo prezo de 29.700 euros, a casa situada no lugar de Refoxos, na parroquia de Loureza, no concello de Oia, cunha superficie construída de 156 m2 e cunha superficie do terreo de 742 m2. Estrema: norte, camiño; sur, Generosa González Fernández; leste, camiño; oeste, camiño. Casa de baixo e piso de 78 m2 por planta e terreo unido. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.915, tomo 1.235, libro 68 e folio 211. Referencia catastral: 36036A031000350001WD.

2. A Evaristo González Moure, polo prezo de 1.200 euros, a parcela nº 24 polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 141 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 23 de Gumersindo González Fernández; sur, con parcela nº 26 de Mercedes González Amado; leste, con parcela nº 16 de María Paz Fernández González; oeste, con parcela nº 25 de Delia Cuevas González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.918, tomo 1.235, libro 68 e folio 214. Referencia catastral: 36036A031000240000QO.

3. A Luis Alberto Rodríguez Verde, polo prezo de 3.331,69 euros, a parcela nº 27 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 684 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 29 de María del Mar Fernández Cuevas e nº 28 de Manuel Fernández González; sur, con parcela nº 7 de Gumersindo González Fernández; leste, con parcela nº 26 de Mercedes González Amado; oeste, con camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.919, tomo 1.235, libro 68 e folio 215. Referencia catastral: 36036A031000270000QD.

4. A Sergio González Fernández, polo prezo de 19.500 euros, a parcela nº 30 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 701 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 32 de Delia Cuevas González, nº 33 de Mª Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia– e nº 34 de Generosa González Fernández; sur, con parcela nº 29 de María del Mar Fernández Cuevas; leste, con parcela nº 31 de Angelita González Fernández; oeste, con camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.920, tomo 1.235, libro 68 e folio 216. Referencia catastral: 36036A031000300000QD.

5. A Isabel Pereira Pereira, polo prezo de 1.300 euros, a parcela nº 33 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 86 m2 de superficie, que estrema: norte e leste, con parcela nº 32 de Delia Cuevas González; sur, con parcela nº 30 de Mª Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; oeste, con parcela nº 34 de Generosa González Fernández. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.921, tomo 1.235, libro 68 e folio 217. Referencia catastral: 36036A031000330000QJ.

6. A Evaristo González Moure, polo prezo de 1.760 euros, a parcela nº 40 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 86 m2 de superficie, que estrema: norte e oeste, con parcela nº 39 de Mercedes González Amado; sur, con parcela nº 38 de Manuel Fernández González; leste, parcelas nº 41 de Mercedes Pregal González, nº 42 e 43 de Máximo González Treinta. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.922, tomo 1.235, libro 68 e folio 218. Referencia catastral: 36036A031000400000QU.

7. A Hermesinda Fernández Miranda, polo prezo de 1.14,20 euros, a parcela nº 141 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Viñas, de 63 m2 de superficie, que estrema: norte, con camiño; sur e leste, con parcela nº 142 de Daniel Fernández Miranda; oeste, con parcela nº 138 de descoñecido. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.928, tomo 1.253, libro 69 e folio 4. Referencia catastral: 36036A031001410000QB.

8. A Sonia Alonso Álvarez, polo prezo de 29,20 euros, a parcela nº 144 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Viñas, de 32 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 142 de Daniel Fernández Miranda; sur, con parcela nº 146 de Deolinda González Fernández e nº 147 de Marina Fernández Giráldez; leste, con parcela nº 145 de Alfredo Fernández Giráldez; oeste, con parcela nº 143 de Manuel Fernández González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.929, tomo 1.253, libro 69 e folio 5. Referencia catastral: 36036A031001440000QQ.

9. A Sonia Alonso Álvarez, polo prezo de 339,52 euros, a parcela 152 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Viñas, de 372 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 146 de Deolinda González Fernández e 159 de José Estévez Fernández; sur, con camiño; leste, parcela nº 166 de Mercedes González Amado e nº 161 de Daniel Fernández Miranda; oeste, con parcelas nº 151 de Delia González Cuevas, nº 153 de José Luis González Iglesias. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.930, tomo 1.253, libro 69 e folio 6. Referencia catastral: 36036A031001520000QM.

10. A Evaristo González Moure, polo prezo de 150,59 euros, a parcela nº 165 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Veliña, de 122 m2 de superficie, que estrema: norte, leste e oeste, con parcela nº 166 de Mercedes González Amado; sur, con parcela nº 164 de Benito Fernández González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.932, tomo 1.253, libro 69 e folio 8. Referencia catastral: 36036A031001650000QZ.

11. A Sergio González Fernández, polo prezo de 590,51 euros, a parcela nº 307 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Cachadas, de 647 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 306 de María del Carmen González Fernández; sur, con parcela nº 310 de María del Carmen González Fernández; leste, con parcelas nº 304 de Consuelo Iglesias González, nº 308 de M. Paz Fernández González e nº 309 de Manuel González Fernández; oeste, con parcela nº 392 de Daniel Fernández Miranda, nº 390 de Donato Otero Álvarez, e nº 530: monte veciñal en man común de Burgueira-Oia. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.939, tomo 1.253, libro 69 e folio 15. Referencia catastral: 36036A033003070000QZ.

12. A Evaristo González Moure, polo prezo de 141,86 euros, a parcela nº 376 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Souto, de 75 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 378 de Mercedes González Amado; sur e oeste, con parcela nº 377 de Marina Fernández Giráldez; leste, con parcelas nº 373 de Daniel González Fernández e nº 374 de Mercedes González Amado. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.944, tomo 1.253, libro 69 e folio 20. Referencia catastral: 36036A033003760000QH.

13. A José Luis González Iglesias, polo prezo de 160,77 euros, a parcela nº 482 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Bouciña, de 85 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 479 de José Luis González Iglesias; sur, con parcela nº 483 de Domingo Cuevas González; leste, con camiño; oeste, con parcela nº 480 de M. Paz Fernández González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.952, tomo 1.253, libro 69 e folio 28. Referencia catastral: 36036A033004820000QQ.

14. A José Otero Rodríguez, polo prezo de 1.067,66 euros, a parcela nº 482 do polígono 42 do Catastro, que figura co nome de Aral, de 1.069 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 499 de Alberto Rodríguez González e nº 500 de Benito Álvarez Rodríguez; sur, con parcelas nº 493 de Alfonso Treinta Giráldez, nº 483 de Ana Carolina Baz González e nº 485 de Indalecio González Fernández; leste, con camiño e parcelas nº 480 de Benito Álvarez Rodríguez e nº 481 de Celso Puertas Puertas; oeste, con parcelas nº 486 de Benito Álvarez Rodríguez, nº 487 de Ardina Iglesias Pregal e nº 494 de Honorina Puertas Valverde. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.954, tomo 1.253, libro 69 e folio 30. Referencia catastral: 36036A042004820000QX.

15. A Evaristo González Moure, polo prezo de 431,24 euros, a parcela nº 499 do polígono 43 do Catastro, que figura co nome de Peniz, de 228 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 507 e nº 497 de Daniel Fernández Miranda, as dúas; sur e oeste, con parcela nº 500 de Gumersindo González Fernández; leste, con parcela nº 491 de Mercedes González Amado. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.965, tomo 1.253, libro 69 e folio 41. Referencia catastral: 36036A043004990000QW.

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda