Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7491

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 016 (condutor/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 016 (condutor/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 28 de agosto de 2008 (DOG número 170, do 3 de setembro) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 18 de novembro de 2008 (DOG número 227, do 21 de novembro) procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 016 (condutor/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 20 de marzo de 2013, ás 13.00 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal no cal conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo-categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

1

PRC020000515001554

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (A Coruña)

Secretaría Xeral Técnica

A Coruña

2

PRC020000515001555

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (A Coruña)

Secretaría Xeral Técnica

A Coruña

3

PRC020000515001557

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (A Coruña)

Secretaría Xeral Técnica

A Coruña

4

PRC020000515001565

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (A Coruña)

Secretaría Xeral Técnica

A Coruña

5

PRC020000515770506

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

6

PRC020000515770528

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

7

PRC020000527001576

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Lugo)

Secretaría Xeral Técnica

Lugo

8

PRC020000527001585

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Lugo)

Secretaría Xeral Técnica

Lugo

9

PRC020000532001600

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

10

PRC020000532001602

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

11

PRC020000532001603

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

12

PRC020000532001604

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

13

PRC020000532001605

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

14

PRC020000532001611

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

15

PRC020000536001630

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Pontevedra)

Secretaría Xeral Técnica

Pontevedra

Dispoñibilidade horaria.

16

PRC020000536001631

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Pontevedra)

Secretaría Xeral Técnica

Pontevedra

17

PRC020000536001633

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Pontevedra)

Secretaría Xeral Técnica

Pontevedra

18

PRC020000536001642

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Pontevedra)

Secretaría Xeral Técnica

Pontevedra

19

PRC020000536560645

Condutor/a

PR

IV-016

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Vigo)

Secretaría Xeral Técnica

Vigo

20

SAC991000027001032

Condutor/a

SA

IV-016

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

21

TRC994080036560286

Oficial 2ª condutor/a

TR

IV-016

Complexo residencial de atención a persoas dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.