Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7478

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria de provisión polo sistema de libre designación anunciada por Orde do 2 de xaneiro de 2013.

Por Orde do 2 de xaneiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballos vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 2 de xaneiro de 2013 e designar o/a funcionario/a cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou se trata de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel no que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: María José González Rey.

Número de rexistro de persoal: 7677870757 A207D.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FCA020000115770005.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Margarita Rodríguez Rama.

Número de rexistro de persoal: 3240941646 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FCA020000115770008.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Francisco Javier Casal Lamas.

Número de rexistro de persoal: 3278424768 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: inspector/a xefe/a adxunto/a.

Código do posto: FCA020000115770011.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Sofía Cuíña Fernández.

Número de rexistro de persoal: 3531663213 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento de Tributos de Xestión Centralizada.

Código do posto: FCA020000215770005.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Mª Mercedes Bugallo Sánchez.

Número de rexistro de persoal: 3327494213 A207D.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento de Colaboración Social e Administrativa.

Código do posto: FCA020000315770030.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Manuel María Vázquez González.

Número de rexistro de persoal: 3382278646 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento Información e Asistencia.

Código do posto: FCA291000027001090.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Lugo).

Localidade: Lugo.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: María Belén Freire Camaniel.

Número de rexistro de persoal: 3498930957 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FCA291000032001115.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Ourense).

Localidade: Ourense.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Ángel Ignacio Fuentes Ríos.

Número de rexistro de persoal: 5317185302 A207D.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento de Información e Asistencia.

Código do posto: FCA291000036001105.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: José Ángel Mourelo Ortueta.

Número de rexistro de persoal: 3332707113 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia. Técnica de finanzas. Téc. inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A2.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: xefatura de departamento de Xestión Tributaria.

Código do posto: FCA291000036001080.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

– Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: José Miguel Rey Lama.

Número de rexistro de persoal: 3598668468 A207D.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Inspecc. e xest. financeira e tributaria.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación: delegado/a.

Código do posto: FCA291000036560001.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia (Delegación de Vigo).

Localidade: Vigo.