Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO sobre a contratación dun servizo de información xuvenil.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude. Nº expediente 3827-336.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servizo de información, asesoramento, formación e dinamización xuvenil da Concellería de Xuventude.

Lugar de execución: Casa da Xuventude.

Prazo de execución: catro anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha delas.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 864.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 h do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de marzo de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación