Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente de reintegro dunha parte das cantidades percibidas como consecuencia da subvención concedida no expediente TR301K, 2011/117-1.

Intentada a notificación da citada resolución, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, 15008 A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente: TR301K, 2011/117-1

Nome ou razón social: Dúas Rías Formación, S.L.

CIF/NIF: B70248273.

Último enderezo coñecido: rolda do Progreso, 5, baixo, 15256 Mazaricos.

Tipo de axuda: subvención para a realización de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao exercicio de 2011.

Contido do acto: resolución do expediente de reintegro.

Data da resolución: 10.12.2012.