Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica un emprazamento á persoa propietaria da unidade A-3-50, en relación coa aprobación definitiva do PXOM de Vigo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dada a imposibilidade de identificar o propietario, notifícase á persoa propietaria da unidade A-3-50, no concello de Vigo, o emprazamento no R.C.A., procedemento ordinario 4607/2008, interposto pola Asociación de Propietarios y Vecinos de La Carballa contra a Orde da CPTOPT do 16.5.2008, sobre aprobación definitiva do PXOM de Vigo.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas