Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO sobre a ampliación do período de exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, na sesión realizada o 28 de febreiro de 2013, acordou ampliar o período de exposición ao público do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sada, aprobado inicialmente o 21 de decembro de 2012, para os efectos do seu exame na oficina municipal de Urbanismo habilitada nos baixos do hotel Sada Marina e presentación de alegacións ata o 21 de abril de 2013. O que se publica para xeral coñecemento.

Sada, 4 de marzo de 2013

Ernesto Anido Varela
Alcalde