Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 15 de febreiro de 2013, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de apertura de expediente sancionador (005/13).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que se cita a continuación a apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG núm. 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 005/13.

Denunciado: Maderas Forxán, S.L.

Enderezo: Camiño da Perla, 6, Portonovo, 36970 Sanxenxo (Pontevedra).

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto para poder examinar o expediente no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2013

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra