Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/30-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT O Couso-Xeve.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 678 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente O Couso-Xeve (36CH43) e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Couso, Santo André de Xeve, Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Pontevedra; lugar: Cruceiro; titular: herdeiros de José Gómez Crespo; representa José Gómez Pérez; enderezo: O Couso, nº 70, Santo André de Xeve, 36150 Pontevedra; afección: 14,6 m2 de solo para o centro de transformación.

Predio 2. Municipio: Pontevedra; lugar: Cruceiro; titular: herdeiros de Benito Pérez; representa Benito Pérez Rodríguez; enderezo: O Couso, nº 50, Santo André de Xeve, 36150 Pontevedra; afección: 11 m2 de solo para o centro de transformación.