Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2013 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes IN421A/11R19294 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421A/11R19294.

Interesada: Ganadería Blanco, S.L.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421A/11R19350.

Interesada: Xenética Blanco Canda, S.L.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421D/11R17428.

Interesada: Mª Isabel González Queipo.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421D/11R19400.

Interesado: Indalecio Portela Martínez.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.

Expediente: IN421E/11R18410.

Interesada: Husesolar, S.L.

Acto que se notifica: resolución de denegación.