Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse as Xornadas sobre crise e reestruturación financeira conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos.
A crise foise despregando en diferentes direccións: financeira, económica e social, e as súas consecuencias, non uniformes nos diferentes países, marcan unha inflexión na recente historia da globalización. Cada vez resulta máis evidente a necesidade dunha arquitectura financeira máis eficiente, nunha perspectiva regulatoria diferente. Por iso considérase oportuno suscitar un debate de ideas sobre o núcleo da crise, co obxecto de mellorar a comprensión non só dos problemas financeiros, senón tamén dos institucionais.
2. Contidos.
Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:
– A globalización financeira.
– As crises financeiras: prevención e desafíos futuros.
– Protección de investidores a través das accións colectivas.
– Instrumentos de análises dos riscos sistémicos: a supervisión.
– Os principios de Basilea no medio prazo.
– Mecanismos creados pola UE.
– O contexto adecuado: as políticas monetarias e orzamentarias.
3. Destinatarios.
Persoal ao servizo da Administración pública galega, en especial aquelas persoas relacionadas cos sectores financeiro e económico, empresarios e interesados en xeral.
4. Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Datas e horario:
14 e 15 de marzo de 2013.
14 de marzo das 16.00 ás 20.00 horas.
15 de marzo das 10.00 ás 14.30 horas.
Duración: 7 horas lectivas.
5. Número de prazas.
Limitado pola capacidade do local.
6. Solicitudes.
As solicitudes irán dirixidas á directora da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeneral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es
As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41-881 99 70 14.
7. Prazo.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o martes 12 de marzo de 2013.
8. Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
9. Certificado de asistencia.
Entregarase un certificado de asistencia, ao final das xornadas, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización destas xornadas.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
FOLLA DE INSCRICIÓN
1. SOLICITANTE |
Apelidos Nome DNI |
2. DATOS PROFESIONAIS |
Posto de traballo/profesión Corpo, subgrupo ou escala (1) Nivel (2) |
Entidade na que presta servizos: (3) |
Enderezo do posto de traballo: Rúa Núm. Localidade Provincia CP Tfno. Correo electrónico: |
3. ACTIVIDADE SOLICITADA |
Solicita asistir ás Xornadas sobre crise e reestruturación financeira que se desenvolverán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os días 14 (pola tarde) e 15 (pola mañá) de marzo de 2013. Sinatura .................................................., ......... de....................................... de 2013 Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable del, no uso das funcións propias que ten atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE do 14.12.1999) |
(1, 2 e 3): cubrir só no caso de ser funcionario ou funcionaria.
Directora da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)