Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública (expediente FG 560).

O Concello Pleno, o 27 de decembro de 2012, acordou atender ao requerimento de anulación do acordo plenario do Concello de Oleiros do 25.9.2012 de aprobación definitiva do Plan parcial do sector SUD-11, Dorneda-Campo de Golf, co fin de proceder á emenda dos axustes na delimitación do ámbito e no reaxuste de aliñacións, xustificando o resto das observacións formuladas pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Oleiros, 25 de febreiro de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente