Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6911

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2013 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun técnico mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado WINETech Plus, SOE3 / P1 / E759 Comunidade de innovación e novas tecnoloxías en viticultura e elaboración de viño.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_
galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para contratación dun técnico mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado WINETech Plus, SOE3 / P1 / E759 «Comunidade de innovación e novas tecnoloxías en viticultura e elaboración de viño».

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria