De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención. 12270101/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédeselle ao interesado un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención número 12270101/2009.
Interesada: Estrella Fernández Val.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: lgar. O Porto da Valiña, 4, Luaces, 27270 Pol (Lugo).