Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000170-2 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na avenida Ramón Canosa, s/n, Celeiro, Viveiro, Lugo.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000170-2.

Denunciado: Roberto Bueno Soto.

DNI: 53541502D.

Enderezo: barrio La Arena, 1, Candás, Carreño, Asturias.

Precepto infrinxido: 137.D.5.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000195-2.

Denunciado: Joaquín Suárez López.

DNI: 10842457G.

Enderezo: Núñez de Balboa, 11, 3º D, Gijón, Asturias.

Precepto infrinxido: 136.G.

Sanción: 60 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000224-2.

Denunciado: Ricardo José Ameneiros Pérez.

DNI: 79338464X.

Enderezo: O Graño, nº 6, Valdoviño, A Coruña.

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 6.000 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 21 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo