Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0309/2010-LSA.

Denunciado: Antonio González Posada.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0259/2012-LSA.

Denunciado: Julio Jiménez Borja.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0314/2012-LSA.

Denunciado: Javier Pérez Vila.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0003/2013-BIO.

Denunciado: Manuel Torres Monteagudo.

Acto de notificación: acordo de incoación.