A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U, de acordo coas seguintes bases:
Primeira. Denominación do curso
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos Biocidas. Nivel básico.
Segunda. Entidade organizadora
Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.
Terceira. Data
Os días 1, 8, 15, 22 e 29 de abril de 2013.
Cuarta. Lugar de celebración
Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.
Avda. Ramiro Carregal Rey, parcela 48.
15969 Ribeira.
A Coruña.
Quinta. Número de prazas
Máximo 25 alumnos.
Sexta.
Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
Sétima. Criterios de selección
Por rigorosa orde de recepción de inscricións
Oitava. Presentación de solicitudes
Solicitude segundo o modelo do anexo
Novena. Programa
Día 1.4.2013 |
|
9.30-13.40 h |
Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación. Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación. Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas. |
Día 8.4.2013 |
|
9.30-13.40 h |
Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas. Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. |
Día 15.4.2013 |
|
9.30-13.40 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Residuos de biocidas e contaminación. Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos. |
Día 22.4.2013 |
|
9.30-13.40 h |
Xeralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características. Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. |
Día 29.4.2013 |
|
9.30-13.40 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Pragas de interese en saúde pública. Test de avaliación. |
Décima. Certificado de superación do curso
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.
Datas: os días 1, 8, 15, 22 e 29 de abril de 2013.
Lugar de realización do curso:
Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.
Avda. Ramiro Carregal Rey, parcela 48.
15969 Ribeira.
A Coruña.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 9.30 ás 13.40 h.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18; Fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Empresa: ...............................................................................................................................
CIF: .......................................................................................................................................
Enderezo: ..............................................................................................................................
Localidade: ............................................................................................................................
Telf.: ................................................................................. Fax: .............................................
Correo electrónico: ................................................................................................................
Apelidos: ...............................................................................................................................
Nome: ....................................................................................................................................
NIF: ........................................................................................................................................