Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Extrusionados Galicia, S.A. para unha fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís e persianas de aluminio, localizada no concello de Valga (Pontevedra) (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-115).

Con data do 11 de abril de 2008 concedeuse a Extrusionados Galicia, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0362_NAA/IPPC_105 para unha fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís e persianas de aluminio, localizada no concello de Valga (Pontevedra). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Renovación de autorización ambiental integrada de Extrusionados Galicia, S.A. (Extrugasa). Ed. 1 novembro 2012.

– Memoria técnica de modificación do sistema de recollida e depuración das augas pluviais da factoría de Extrugasa. Campaña, Valga (Pontevedra). Maio 2010.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36003 Pontevedra).

– Concello de Valga (avda. da Coruña, 14, 36645 Valga, Pontevedra).

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental