De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013
Por vacante (Artigo 4.3 do Decreto 184/2011; DOG nº 189, do 3 de outubro)
Mª Jesús Muñoz Chesa
Xerente do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expedientes: 15R001-251-2012, 15R001-252-2012, 15R001-19-2013, 15R001-43-2013 e 15R001-47-2013.
Interesada: Triptofano, S.L.
CIF: B70134358.
Actos notificados: acordos de iniciación.