Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública relativo a un establecemento para subministracións industriais (expediente AM/27/12).

Neuwalme Store, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a exposición, venda e montaxe de subministracións industriais, que se situará na estrada de Salceda, quilómetro 1, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, poidan examinar o expediente AM/27/12, na Sección de Urbanismo deste concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 18 de xaneiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde