O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de decembro de 2012, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Catoira, por Acordo do Pleno do 28 de setembro de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais.
A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 13 de decembro de 2012
Rafael Louzán Abal |
Carlos Cuadrado Romay |
Presidente da Deputación |
Secretario da Deputación |