Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6288

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Natalia Martínez Sánchez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 3/2013 (procedemento abreviado), interposto por Natalia Martínez Sánchez contra a Resolución da directora de Recursos Humanos do 3 de decembro de 2012 que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, modificada pola do 12 de novembro de 2012, pola que se procede a dar publicidade ás listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías estatutarias de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (categoría de celador/a).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde