Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2012/241-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Abelas Alexan, S.L.

Domicilio social: pol. indust. da Laracha, parcela B2, 15145 A Laracha.

Denominación: CS, LMTS e CT de 630 kVA para carpintaría metálica.

Situación: pol. indust. da Laracha, parcela B2, 15145 A Laracha.

Características técnicas: CS prefabricado con celas de entrada, saída e de remonte, 24 kV, 400 A. Liña soterrada de 82 m de lonxitude RHZ 3*(1*95 mm2 Al). CT prefabricado exterior, celas de liña, de proteccion e de medida 400 A, 24 kV, transformador 15/0,42 kV, aceite, 630 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña