Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO polo que se aproba inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do Valadouro.

O Pleno do Concello do Valadouro, na súa sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2013, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do Concello do Valadouro relativa á regulación do solo apto para urbanizar de uso industrial, elaborada pola empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L. con data de decembro de 2012, por petición do Concello do Valadouro.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o documento de modificación puntual con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluída a decisión do 21 de abril de 2010, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ratificada posteriormente con data do 29 de abril de 2011, sobre a non necesidade de avaliación ambiental estratéxica da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello do Valadouro, sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante este prazo, poderá ser examinado o expediente na Secretaría-Intervención deste Concello, en horario de oficina, desde as 9.00 ás 14.00 horas e poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O Valadouro, 4 de febreiro de 2013

José Manuel Lamela Piñeiro
Alcalde presidente