Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde da subministración sucesiva de kits de reactivos e os equipos autoanalizadores para a determinación de drogas de abuso en urina (MS-SER1-13-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MS-SER1-13-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de kits de reactivos e os equipos autoanalizadores para a determinación de drogas de abuso en urina.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31.12.2013.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

1. Mantemento preventivo e correctivo (máximo 10 puntos)

2. Sistema informático compatible (máximo 5 puntos)

15

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

1. Oferta económica

40

2. Número de substancias que se determinarán

10

3. Formación continuada

15

4. Tempos de resposta e resolución de problemas

20

4. Valor estimado do contrato: 142.914,55 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 142.914,55 euros. Importe total: 157.206 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, no seu caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver follas de especificacións (carátula) e pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde