Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/21-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CTS praza de touros.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 36 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT LOZ 808A (tramo 808A0180) unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación subterráneo, de 630 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Campo da Torre, no contorno da praza de touros, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra