Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2013 de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado na rúa Falcón, número 18, no núcleo histórico de Lugo.

Ás 11.00 horas do día 9 de abril de 2013 realizarase, nas dependencias da Área Provincial do IGVS en Lugo situada na avenida de Ramón Ferreiro, número 28, ante a mesa presidida polo xefe territorial do IGVS, ou persoa que legalmente o substitúa, coa asistencia como vogais dun asesor xurídico do IGVS ou representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia que o substitúa, un representante da Intervención Xeral da Xunta de Galicia, un funcionario/a da Xefatura de Área Provincial do IGVS, e un secretario que será un funcionario/a da Xefatura de Área Provincial do IGVS, poxa pública do seguinte ben inmoble patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola Resolución do director xeral do IGVS do 1 de febreiro de 2013.

Predio urbano: casa sinalada co número catorce do barrio Falcón, hoxe número 18 da rúa Falcón, da cidade de Lugo; composta de planta baixa e un reducido piso alto. Ocupa a superficie de corenta e oito metros e oitenta e nove decímetros cadrados, segundo o título, e de cincuenta metros cadrados, segundo o Catastro. Linda: pola súa fronte, rúa Falcón; polas súas costas, casa número dezanove da rúa do Miño, de Manuel Meilán Castro; pola súa dereita, saíndo, con outra calella que chaman de Falcón e que a separa da Muralla; e pola esquerda, casa número doce de Juan Méndez.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo, no tomo 1.446, libro 1.008. folio 100, predio número 99.026, inscrición 1ª.

Referencia catastral: 7431612PH1673A0001XS.

Tipo de licitación: 34.898,00 €.

Para participar na poxa será requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda, os demais custos e impostos derivados da transmisión.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (http://www.igvs.es/web/actuamos/747).

Teléfono de información: 982 29 46 20.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo