Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6245

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (101/2011).

Nos autos de xuízo verbal número 101/2011, seguidos por instancia do procurador Manuel J. Pedreira del Río, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Joao Marcos Marcal da Silva, ditouse, con data do 16.9.2011, sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza: 129/2011.

Procedemento: xuízo verbal 101/2011.

En nome da súa maxestade o rei.

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, ditou a seguinte sentenza:

En Betanzos, 16 de setembro de 2011

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo verbal 101/2011 en que son partes a demandante Banco Popular Español, asistida polo letrado Sr. Castro Díaz e representada polo procurador Sr. Pedreira del Río, e o demandado Joao Marcos Marcal da Silva, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Banco Popular Español, asistida polo letrado Sr. Castro Díaz e representada polo procurador Sr. Pedreira del Río, contra o demandado Joao Marcos Marcal da Silva, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á parte demandante a suma de 2.244,77 euros, máis os xuros de demora pactados contractualmente desde a data de peche da póliza de préstamo (6 de outubro de 2008), ata o completo pagamento do principal.

Todo isto con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá prepararse neste xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza polo xuíz que a ditou. Dou fe.

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ao demandado Joao Marcos Marcal da Silva, se expide o presente edicto.

Betanzos, 11 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial