1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2013.
c) División por lotes e número: si, 2.
Lote 1: SIC Gourments 2013, Madrid (do 8 ao 11 de abril de 2013).
Lote 2: Salimat Silleda (do 13 ao 16 de xuño de 2013); Femaga (Feira de autónomos da Coruña) (4 días de decembro).
d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata os cinco (5) días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames (para o lote 1) e ata o 31 de decembro de 2013 (para o lote 2).
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79950000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 242.000,00 €, IVE (21 %): 50.820,00 €, importe total: 292.820,00 €.
Valor estimado incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 242.000,00 €.
5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría B para o lote 1, segundo a letra H da carátula.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.
7. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 62 61 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18441
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013
P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar