Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2012/100-2, 8070 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: CT, RBT Reigada.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

• CT Reigada prefabricado fin de liña rural, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

• LBTS baixo tubo con orixe no CT Reigada, cunha lonxitude de 873 metros en condutor tipo XZ.

• LBTA tensada sobre apoios de formigón con orixe nas RBT soterradas, cunha lonxitude de 927 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo