Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo aos expedientes 44/73 e 37/75.

Na sesión realizada polo Xurado Provincial o 29 de xaneiro de 2013 figura o acordo seguinte:

Monte de Anafreita (expediente 44/73), pertencente aos veciños da parroquia de Anafreita, no termo municipal de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial do 28 de decembro de 1974, e monte de Miraz (expediente 37/75), pertencente aos veciños da parroquia de Miraz, no termo municipal de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial do 25 de agosto de 1975. Con data do 4 de decembro de 2012 tivo entrada escrito asinado por Jesús Sánchez Prado, como presidente da xunta reitora de Anafreita, en que daba traslado dun acordo de deslinde de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio do 21 de maio de 2012, perante o Xulgado de Paz de Friol; xuntan acta do deslinde, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslinde ao Servizo de Montes, recíbese nota interior, o 20 de decembro de 2012, en que se especifican as modificacións da superficie que se producen como consecuencia da avinza, quedando o monte de Anafreita cunha superficie de 367 hectáreas, 87 áreas e 74 centiáreas (tendo en conta a superficie resultante do deslinde por sentenza coa comunidade de Negradas, recollido na letra c), e o monte de Miraz, cunha superficie de 803 hectáreas, 57 áreas e 9 centiáreas. Examinada a documentación referida, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslinde practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con el.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Lugo