Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2012/084 e LU-RES 2012/145.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 21 de xaneiro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/084.

Interesados: Marian Sali e Florentina Matei.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefatura territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/145.

Interesado: Marian Cretu.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Órgano emisor: instrutora do procedemento sancionador.