Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Montalbo, Areas, Nanín, Paxariñas, Major, Area de Agra e A Lanzada.

Aprobados os pregos unificados de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Montalbo, Areas, Nanín, Paxariñas, Major, Area de Agra e A Lanzada, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Montalvo, Areas, Nanín, Paxariñas, Major, Area de Agra e A Lanzada.

A adxudicación realizarase nos seguintes lotes:

– Lote A. Praia de Montalbo.

– Lote B. Praia de Areas.

– Lote C. Praia de Nanín.

– Lote D. Praia de Paxariñas.

– Lote E. Praia de Major.

– Lote F. Praia de Area de Agra.

– Lote G. Praia da Lanzada.

2. Duración do contrato: será de catro (4) anualidades, do ano 2013 ao 2016, ambos os dous incluídos, sen posibilidade de prórroga en ningún caso.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por anualidade (do 1 de xuño ao 30 de setembro) o seguinte para cada lote:

• Lote A (Montalbo).

16.350,00 euros (sen IVE).

3.433,50 euros (18 % IVE).

19.783,50 euros (total).

• Lote B (Areas).

10.900,00 euros (sen IVE).

2.289,00 euros (18 % IVE).

13.189 euros (total).

• Lote C (Nanín).

654,00 euros (sen IVE).

137,34 euros (18 % IVE).

791,34 euros (total).

• Lote D (Paxariñas).

3.270,00 euros (sen IVE).

686,70 euros (18 % IVE).

3.956,70 euros (total).

• Lote E (Major).

3.270,00 euros (sen IVE).

686,70 euros (18 % IVE).

3.956,70 euros (total).

• Lote F (Area de Agra).

654,00 euros (sen IVE).

137,34 euros (18 % IVE).

791,34 euros (total).

• Lote G (A Lanzada).

1.000,00 euros (sen IVE).

210,00 euros (18 % IVE).

1.210,00 euros (total).

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, durante o prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se remata en festivo ou sábado, o prazo se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os expresados nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase conforme dispoñen as cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria: non se exixe. Garantía definitiva: 5 % do prezo total da licitación polas catro anualidades do contrato, excluído o IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es
Perfil de contratante.

Sanxenxo, 23 de xaneiro de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa