Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica LMT, CT e RBT Tapada, no concello de Rubiá (expediente IN407A 2012/55-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Tapada.

Situación: Rubiá.

Características técnicas:

– LMT subterránea de 115 m de lonxitude, a 15 kV, con condutor RHZ1 e con orixe na LMT existente procedente do CT Tapada III (32AAV1) e remate na LMT ao CT parque empresarial Rubiá 400 kVA, con entrada e saída no CT proxectado Tapada, prefabricado, manobra exterior a 160 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

– RBT aero-subterránea de 30 m de lonxitude en aéreo, con condutor RZ-0,6/1 kV e 17 m en subterráneo con condutor XZ1-0,6/1 KV.

Orzamento: 43.506,67 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 4 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense