Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de febreiro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU3/33/2012-R1.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos destinatarios, a Veciños de Orega, no expediente núm. IU3/33/2012-R1 en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 20 de decembro de 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha nave, muro de peche, cubrición auxiliar e almacenamento de chatarra, no lugar de Berán, no termo municipal de Leiro, provincia de Ourense.

O expediente mencionado encóntrase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulguen procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística