Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non harmonizado, da contratación do servizo de limpeza do CPI José García García, do concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-01/2013-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CPI especificado no encabezamento.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: no CPI José García García, no concello de Ourense.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de maio de 2013 ata o 30 de abril de 2015.

f) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 127.303,11 euros máis 26.733,65 euros que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un importe total de 154.036,76 euros.

5. Garantías.

a) Provisoria: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18462

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 42) no mesmo día.

2ª Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria