Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2013/12-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, nº 3, baixo. 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT A Valboa.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 890 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES00969 da LMT derivación a Angoares e final no CT existente A Abelleira unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400/230 V, situado en Balboa, Angoares, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra