Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (901/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 901/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di o seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña, trinta de xaneiro de dous mil trece.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 901/2010, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representada polo letrado Sr. Quiroga Fernández, contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representada polo letrado Sr. Quiroga Fernández, contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 292,06 euros, no senso exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da Xurisdición Social, non cabe recurso contra ela.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial