De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo o 3 de outubro de 2012.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 7 de febreiro de 2013
Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo
ANEXO
Expediente número: 32061/2012.
Interesada: Reverse Osmosis Technology, S.L.
NIF: B32416646.
Acto notificado: inicio do expediente sancionador.