O día 25 de marzo de 2013, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:
Lote |
Descrición |
Valor |
Cargas |
Tipo 1ª |
Tramos |
Lote 1. Único |
Furgón marca Fiat, modelo Scudo Combi 2.0 HDI, 8 prazas, potencia 120 CV. Quilómetros no marcador 130.592. Bastidor ZFA27000064032946. Data de matriculación xuño de 2007, cor gris. |
6.400,00 € |
Sen cargas |
6.400,00 |
100,00 |
Lote 2. Único |
Turismo marca Mercedes, modelo C220 CDI Avantgarde, matrícula 9046CMR. Quilómetros no marcador 324.053. Bastidor WDB2030061A294988. Data de matriculación 3.1.2006, cor gris. |
8.000,00 € |
Sen cargas |
8.000,00 |
200,00 |
Lote 3. Único |
Turismo marca Citroën C4 Gran Picasso 1.6 HDI Exclusive de 110 CV, matrícula 0197FMC. Bastidor VF7UA9HZC45044612. |
8.500,00 € |
Sen cargas |
8.500,00 |
200,00 |
De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:
a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Lugo, rua Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.
b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.
c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.
e) Obriga de constituír ante a Mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.
O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artígo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.
f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.
h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, neste caso a Mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.
i) Logo da celebración da primeira licitación, a Mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.
j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á Mesa da poxa.
A Mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.
Lugo, 13 de febreiro de 2013
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo e presidente da Mesa