Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de mobiliario de laboratorio para módulo de apoio científico á investigación e módulo biosanitario-CACTI (expediente 1/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet del perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 11.3.2013.

d) Número de expediente: 1/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: mobiliario de laboratorio para módulo de apoio científico á investigación e módulo biosanitario-CACTI.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: módulo de apoio científico á investigación e módulo biosanitario-CACTI no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 39180000-7 e CPA: 31.09.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Redución do importe de licitación: 50 puntos.

2) Seguridade do equipamento: 15 puntos.

3) Robustez do equipamento: 15 puntos.

4) Ergonomía e estética: 10 puntos.

5) Flexibilidade do mobilario: 5 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 515.254 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 515.254 euros+108.203,34 euros de IVE que soportará.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 18.3.2013.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio da Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Outras informacións: Innplanta 2011.32-PEP-010000-ACT3. Finánciase parcialmente con fondos Innplanta nun 70 %, no marco do programa operativo I+D para as empresas. Fondo tecnolóxico. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.10.2013.

Vigo, 7 de febreiro de 2013

Por delegación (Resolución do 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo