Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á autorización ambiental integrada outorgada a Procesoil, S.L., no concello de Narón, e a Calvo Conserveras, S.L.U., no concello de Carballo.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, resolve dar publicidade no DOG ás resolucións polas que se outorga a autorización ambiental integrada para as actividades industriais que se relacionan no anexo seguinte, e que se poderán consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, 2º andar.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 4 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para o Centro de transferencia e tratamento de aceites usados, residuos hidrocarburados e residuos industriais, no concello de Narón (A Coruña). Titular: Procesoil, S.L. Clave: 2011/0002_NAA/IPPC.

– Resolución do 7 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para unha fábrica de conservas a partir de produtos do mar no concello de Carballo (A Coruña). Titular: Calvo Conservas, S.L.U. Clave: 2012-IPPC-I-14.