Por ordes da Consellería de Facenda do 10 de agosto, do 10 de setembro e do 5 de outubro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados en Santiago de Compostela e Padrón.
Logo de ter lugar a primeira poxa, mediante Orde do día 20 de novembro de 2012, acordouse adxudicar dúas parcelas, declarar deserta a adxudicación do resto de inmobles na primeira poxa e convocar para o día 16 de xaneiro de 2013 a segunda e terceira poxa pública destes inmobles (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 17 de decembro). Efectuada esta poxa pública, e á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,
DISPOÑO:
Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:
1. A José Luis Guimarey Rey, en terceira poxa, polo prezo de 4.574,44 euros, a parcela nº 159, Castro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 883 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e José Valiño Taboada; sur, zona excluída; leste, José Valiño Taboada e Valentín Figueira Guisande, e oeste, Manuel Uzal Lodeiro. Referencia catastral: 8257404NH2385N0001YP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.630, tomo 487, libro 110 e folio 74.
2. A Ángel Diego Carou Blanco, en terceira poxa, polo prezo de 3.676,37 euros, a parcela nº 205, Ribeiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.597 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, María González Castaño; sur, Jesús Blanco Angueira; leste, camiño, e oeste, río Sar. Referencia catastral: 15066E503002050000LY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.632, tomo 487, libro 110 e folio 76.
Segundo. Declarar deserta en segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:
1. Predio urbano. Número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa desta cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, estando distribuído en vestíbulo, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo, e linda: polo norte ou dereita, entrando na casa, co piso 3º A –nº 10–, e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C –nº 12–; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte, co piso 3º A –nº 10–, e no resto coa rúa da Rosa, e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C –nº 12–, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Élle anexo o rocho sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento. Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269, tomo 1.565, libro 500 e folio 123. Tipo de licitación segunda poxa: 192.184,44 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 158.269,54 euros.
2. Parcela nº 257, Castro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 8.240 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Josefa Bastón García e outros, Luís García Miramontes e outros; sur, Manuel Pérez Fraga; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria, e oeste, José Seoane Casal. Referencia catastral: 15079D503002570000LJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.938, tomo 1.202, libro 244 e folio 188. Tipo de licitación segunda poxa: 7.341,76 euros. Tipo de licitación terceira: 6.046,16 euros.
3. Parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros, e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros. Referencia catastral: 15079E503010160000DY. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190. Tipo de licitación segunda poxa: 19.821,37 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 16.323,48 euros.
4. Parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García, e oeste, Laureano Fernández Barreiro. Referencia catastral: 15079A505009030000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193. Tipo de licitación segunda poxa: 24.894,86 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 20.501,65 euros.
5. Parcela n º 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño; leste con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e Magdalena Fandiño Otero, e oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal. Referencia catastral: 15079A507005650000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela como predio 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116. Tipo de licitación segunda poxa: 55.333,26 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 45.568,57 euros.
6. Parcela nº 1, Areeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 670 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, Genoveva Brea Noya; leste, camiño existente e canle de rega no medio, e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503000010000FI. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72. Tipo de licitación segunda poxa: 1.651,71 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 1.360,23 euros.
7. Parcela nº 230, Segade, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066E503002300000LS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78. Tipo de licitación segunda poxa: 5.201,08 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 4.283,24 euros.
8. Parcela nº 322, Agroxoi, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio, e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro. Referencia catastral: 15066B503003220000FJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82. Tipo de licitación segunda poxa: 9.298,49 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 7.657,58 euros.
9. Parcela nº 485, Sobrán, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo, e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo. Referencia catastral: 15066B503004850000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86. Tipo de licitación segunda poxa: 6.224,02 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 5.125,67 euros.
10. Parcela nº 534, Molladiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente, e oeste, José Estévez Seage. Referencia catastral: 15066B503005340000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88. Tipo de licitación segunda poxa: 11.381,95 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 9.373,37 euros.
11. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo, e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648 tomo 487, libro 110 e folio 92. Tipo de licitación segunda poxa: 21.576,74 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 17.769,08 euros.
12. Parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega no medio, e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005790000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94. Tipo de licitación segunda poxa: 16.522,85 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 13.607,06 euros.
13. Parcela nº 584, Quinteiro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outros predios, e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005840000FU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96. Tipo de licitación segunda poxa: 45.530,45 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 37.495,67 euros.
14. Parcela nº 590, Chalín, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco, e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005900000FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98. Tipo de licitación segunda poxa: 21.892,40 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 18.029,03 euros.
15. Parcela nº 598, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño, e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005980000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100. Tipo de licitación segunda poxa: 20.795,60 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 17.125,79 euros.
16. Parcela nº 603, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño, e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503006030000FR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102. Tipo de licitación segunda poxa: 36.036,42 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 29.677,05 euros.
17. Parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez, e oeste, Antonio Iglesias Díaz. Referencia catastral: 15066B503006330000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104. Tipo de licitación segunda poxa: 32.281,16 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 26.584,49 euros.
18. Parcela nº 681, Fochacos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns, e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto. Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106. Tipo de licitación segunda poxa: 36.282 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 29.879,29 euros.
19. Parcela nº 817, Pelamio, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada Vigo-A Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros, e oeste, con río. Referencia catastral: 15066B503008170000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112. Tipo de licitación segunda poxa: 15.497,11 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 12.762,32 euros.
20. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo-A Coruña, e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116. Tipo de licitación segunda poxa pública: 15.572,02 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 12.824,01 euros.
21. Parcela nº 984, Costeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.294 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, río; leste, camiño existente e Rosalía Fojo Naya, e oeste, Rosa Seage Grela. Referencia catastral: 15066B503009840000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.674, tomo 487, libro 110 e folio 118. Tipo de licitación segunda poxa pública: 24.307,58 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 20.018,01 euros.
22. Parcela nº 1.024, Longás, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.378 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, María Iglesias Bouzada e Estrella Bouzada González; leste, camiño, e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066C503010240000IT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124. Tipo de licitación segunda poxa pública: 5.934,74 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 4.887,44 euros.
23. Parcela nº 1.037, Lareda, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.070 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Maximino Duarte Iglesias e outros, e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066C503010370000IE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126. Tipo de licitación segunda poxa: 3.650,71 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 3.006,47 euros.
24. Parcela nº 1.116, Bouza, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas, e oeste, Manuel Castro García e camiño. Referencia catastral: 15066F503011160000DP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130. Tipo de licitación segunda poxa: 28.014,10 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 23.070,43 euros.
25. Parcela nº 682, Fochancos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia, e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6. Tipo de licitación segunda poxa: 24.292,69 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 20.005,75 euros.
Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.
Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se produzan neste procedemento de alleamento.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2013
P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda