O 22 de novembro de 2012, a xefa territorial de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012063TA-OU, a Tecnodifusión Barco, S.L., con CIF B32282733, con domicilio na rúa Abdón Blanco, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Tecnodifusión Barco, S.L., con CIF B32282733, con domicilio na rúa Abdón Blanco, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 21 de xaneiro de 2013
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
1. Expediente sancionador: 2012063TA-OU.
Denunciada: Tecnodifusión Barco, S.L.
Documento de identificación: CIF B32282733.
Último enderezo coñecido: rúa Abdón Blanco, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos e tipificación: disposición adicional 3ª e artigos 19.2.d), infracción leve e 19.3.b), infracción grave da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Sanción proposta: dous mil trescentos euros (2.300,00 €).