Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4327

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo integral de comunicacións deste concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración Electrónica. Nº expediente 5896-113.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo integral de comunicacións do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha delas.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.845.762,71 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo V, subgrupo 4, categoría C.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 11 de marzo de 2013.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 h do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de enero de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación