Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2013 Páx. 4331

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de catro cadeiras de académicos/as numerarios/as.

Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Cirurxía Infantil; Oncoloxía; Neurocirurxía e Endocrinoloxía.

Para aspirar a tales cadeiras cómpre ser español/a, posuír grao de doutor/a en Medicina, contar cun mínimo de dez anos de exercicio profesional ou de actividade científica, terse distinguido con publicacións orixinais sobre temas médico-cirúrxicos ou ben ter práctica de recoñecido prestixio e residir en Galicia.

Os/as aspirantes non se poderán presentar persoalmente senón que deberán ser presentados/as mediante proposta individualizada e asinada por tres académicos/as numerarios/as. Esta proposta deberá ir acompañada do respectivo currículo do candidato/a e presentarase na Secretaría da Real Academia, r/ Durán Loriga, 10-2º, 15003 A Coruña, no prazo de quince días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2013

Francisco Martelo Villar
Académico numerario-secretario xeral
da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia