Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4145

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnológico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2012.

3.9.2012

67.205,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Economía e Industria e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para fomentar a investigación, o desenvolvemento e a cooperación público-privada en áreas tecnolóxicas estratéxicas para o desenvolvemento económico da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.10.2012

21.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para potenciar os servizos xerais de apoio á investigación da USC.

26.9.2012

149.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a través do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a concesión a esta dun préstamo con cargo aos orzamentos xerais do Estado.

27.12.2012

35.000.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia para a construción da instalación do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes.

31.12.2012

10.000.000,00 €